sábado, 31 de marzo de 2012

BENVID@S AO BLOG

 Este blog foi creado polo profesorado do IES "Alfoz-Valadouro" participante no Plan de Mellora da Calidade da Educación para o curso 2011-2012. Aquí vamos a publicar o traballo que estamos realizando.

Todos os cursos, a Consellería de Educación convoca, sobre o mes de maio, a selección de plans de  autoavaliación e mellora da calidadade da educación en centros educativos para o curso seguinte como unha acción encamiñada a comprir os obxectivos da LOE.

A finalidade é contribuír a que os centros educativos incorporen progresivamente unha cultura de autoavaliación e mellora continua na súa organización e nas súas propostas pedagóxicas, servíndose para iso do establecemento de proxectos propios xestionados de maneira autónoma.

A convocatoria deste plan foi publicada no DOG do 27 de maio do 2011. A liña de traballo deste curso debía estar en relación co desenvolvemento das competencias básicas no currículo dos centros.

A liña de traballo elixida por nós foi a relacionada coa competencia para aprender a aprender.

Os centros participantes tivemos que realizar unha avaliación interna sobre o grao de desenvolvemento das competencias básicas descritas no currículo. Ademais, tivemos que porpor a posta en marcha dun plan de mellora das competencias básicas contextualizado ao noso centro. O plan de mellora debe incluír:
  • Título do proxecto
  • Breve resumo do proxecto e xustificación del en relación coa avaliación interna realizada.
  • Obxectivos
  • Actuacións que se van a desenvolver, detallando responsables, recursos e temporalización.
  • Necesidades formativas e orzamentarias.
  • Criterios e indicadores para o seguimento e avaliación do plan.
  • Relación nominal de participantes con indicación expresa da persoa coordinadora.
O plan de mellora que propuxemos á Consellería de Educación  atópase aquí:   https://docs.google.com/document/d/1RaYjl0sEcohGWofYlQWBG495gvykbYBG2BmUPo7xEMA/edit